A Plataforma para Defensa da Ría do Burgo denuncia na Unión Europea a degradación do espazo

A Plataforma para Defensa da Ría do Burgo denuncia na Unión Europea a degradación do espazo

05 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 asociacións ecoloxistas, veciñais, políticas, deportivas e empresariais, entre elas Adega; vén de denunciar no Parlamento Europeo o problema de degradación deste espazo. O colectivo considera que a pasividade e a conivencia das autoridades responsables desta zona (Estado, X

Sotillo asegura que hai máis de 25 anos que tratan de buscarse solucións á degradación ambiental da Ría do Burgo. A última información ao respecto procede da Xunta, que afirma que é necesario analizar a situación da conca fluvial. O presidente de Adega-Coruña afirma que “xa van pola quinta análise” e isto non fai máis que atrasar o saneamento e rexeneración da mesma.

A Plataforma para Defensa da Ría do Burgo pide que os concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo tomen medidas preventivas para que as industrias da zona deixen de verter augas residuais á ría. Ao Ministerio de medio Ambiente, Rural e Mariño reclámalle que non estea a velar polo cumprimento de directivas europeas como as vinculadas coa calidade das augas, o tratamento de augas residuais urbanas ou a calidade esixida nas augas destinadas á cría de moluscos que obriga a tomar medidas para reducir a contaminación existente. O colectivo mira tamén cara a Xunta xa que ten as competencias para o saneamento e a construción da EDAR.

Para trasladar á sociedade as súas demandas, a plataforma convocou para este sábado, 7 de agosto, unha concentración na Praza de Praterías, en Compostela, na que aproveitará para amosar fotografías da situación na que se atopa a Ría do Burgo.

Sociedade