A Pobra do Caramiñal acolle a estrea de “Empatía”, a curta máis experimental de Carlos Seijo

A Pobra do Caramiñal acolle a estrea de “Empatía”, a curta máis experimental de Carlos Seijo

17 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Praza do Cantón de A Pobra do Caramiñal acolle, a partir das dez desta noite, a estrea da curtametraxe Empatía, do director Carlos Seijo e producida por Mr. Misto Films. A cinta, de corte experimental, narra a historia daqueles psicópatas que asasinan e que, ademais, non son capaces de pórse no lugar das súas vítimas, razón pola que matan. Segundo comentou Seijo en Radiofusión, trátase dunha &ld

Empatía é unha pequena historia de oito minutos, con poucos pero significativos diálogos, ambientada nun territorio árido e fronteirizo e que aínda que pareza gravada no deserto de Arizona, a súa rodaxe se situou en Galicia, na zona de A Curota.

Un proxecto experimental, cunha fotografía en branco e negro, para facer máis palpable a cor branca do asasino e a negra do falecido. A película ao límite a creación dixital, facendo que a paisaxe galega pareza a dun filme americano. A curta foi realizada cunha cámara fotográfica GH1 de Panasonic, con capacidade para gravar vídeos en HD.

Empatía é a cuarta curtametraxe de Carlos Seijo. A primeira curta que realizou foi Elevation (2006), creada mentres estudaba na Universidade de Barcelona. Xa en 2007, realizou Sen escrúpulos, gañadora do primeiro premio do Festival ON&OFF A Toda Mecha Curtas Expres, organizado pola produtora Mr Misto Films. A terceira película que realizou foi Pode ser (2008) que o pasado inverno se paseou por diversos certames como o Festival Palencia Sonora, o Festival Internacional de Cine Independiente de Elche e o Festival de Cine Internacional de Ourense. Segundo Seijo, a súa última proposta está a ter tamén moi boa acollida nos festivais, tanto dentro como fóra de Galicia.

Cultura