Podemos e as eleccións municipais en Fene

Podemos e as eleccións municipais en Fene

28 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non se presentarán nas municipais como Podemos, pero Podemos Fene está dando os pasos da súa constitución como círculo xa dende o pasado mes de xullo. Hai un mes solicitaron a validación de Madrid.
Reúnense semanalmente e mañá teñen asemblea de traballo en San Valentín. O portavoz de Podemos Fene, Maximino Pardo Lourido, deixa aberta a posibilidade de presentarse aos comicios locais dentro dunha candidat

Podemos conta en Fene con máis de 80 persoas. O número medrou moito nas últimas semanas e Maximino asocia o aumento cos ataques que sofren persoas como Juan Carlos Monedero e Iñigo Errejón.
Pardo adiantou a presencia de Podemos Fene en Madrid o próximo sabado 31, na movilización convocada polo cambio. Acudirán con outros círculos da comarca en autobús e coches particulares.  

Sociedade