ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Poemas e música en "O Colo das Palavras"
O escritor Antón Cortizas traballa, en compañía de Antía, Rosalía e Catarina Cortizas, nun libro-CD titulado “O Colo das Palavras”. A publicación recopila 16 poemas das súas autorías decorados coas ilustracións de Leandro Lamas.
O CD contén as interpretacións musicais destes poemas, a cargo dos músicos, Óscar Fojo, Xurxo Souto, a Orquestra Pantasma, Manolo Bacalhau ou Uxía Sara Vidal. O proxecto nace da colaboración de Antón Cortizas coas escolas de ensino galego Semente e con Radiofusión. Tamén conta coa participación altruista dos diversos músicos e músicas.
O libro-CD estará dispoñible a partir de decembro de 2019. Pódese colaborar no proxecto como mecenas no crowdfunding, mercando o libro anticipadamente a un prezo especial de 16€ antes do 31 de xullo. Só tés que facer unha transferencia ó seguinte número de conta: ES95 0081 2204 45 0001072917 (Semente Trasancos) con concepto "O Colo das Palavras". Posteriomente escribe un correo electrónico ó enderezo info@sementetrasancos.gal anexando o pagamento e os teus datos persoais. Unha vez editado, no mes de decembro, recibirás o libro-CD.
Publica o teu comentario agora