Polémica en Navantia

Polémica en Navantia
12 de Xuño, 2020 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

A CIG indica que as probas de acceso a Navantia deben realizarse como corresponde a unha empresa pública, nunha convocatoria presidida pola transparencia e a igualdade de oportunidades.

ESCOITA O PODCAST:

A polémica en Navantia polos exames das novas prazas está servida. A CIG afirma nun comunicado que non é certo que todas as persoas que cursaron a solicitude ás prazas poidan realizar o exame. Segundo a central nacionalista, esa posibilidade foi proposta a principios de mes pola dirección, coa condición de se faceren os exames online. A representación sindical non aceptou esa oferta polos evidentes riscos de seguridade e transparencia. Esta semana a dirección de Navantia comunicou que traballa na loxística necesaria para a realización dos exames presenciais. “Mesmo poderían aproveitarse as mesmas instalación onde a mediados de xullo se celebran as probas da selectividade” declarou o secretario comarcal da CIG e membro do comité de empresa de Navantia Ferrol.

A CIG indica que as probas de acceso a Navantia deben realizarse como corresponde a unha empresa pública, é dicir, a través dunha convocatoria presidida pola transparencia e a igualdade de oportunidades. Así o aprobou a asemblea de traballadores, afirma este sindicato que demanda igualmente a demisión do actual presidente do comité de empresa Javier Galán por interferir nas negociacións e crear confusión entre a cidadanía. Galán indicou dias atrás que aos exames se poderían presentar todas as persoas que presentaran as solicitudes. “Non é a primeira vez que non se axusta á decisión adoptadas polo pleno do comité que é quen toma as decisións” afirma Grandal. Outra batalla sindical en Navantia é que se realicen tamén os exames da convocatoria de 2020 que están sen convocar a estas alturas. “Nunha comarca co desemprego tan alto como esta non é de recibo estar nesta situación”

Sociedade

Publica o teu comentario agora