A pola Copa

O Cultural Maniños xoga a ida o domingo ás 11.00h en Caranza
14 de Maio, 2019 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

Copa da ría e Copa provincial son os dous compromisos que afronta o Cultural Maniños feminino nas próximas semanas.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños feminino acadou o primeiro posto na fase de grupo despois da victoria acacada nas Pontes. As Pontes 0- Maniños 3. Así que pasa ás semifinais da Copa para enfrentarse na ida o domingo 19 ás 11:00 horas co Galicia de Caranza mentres que o Rosalía e o Capela se enfrentarán entre si. A volta xogarase no Potedúas semanas despois. No medio da copa xógase o Campionato Provincial. Neste participan os tres primeiros equipo clasificados de Ferrol; os tres primeiros da Coruña e dous de Santiago. O técnico do Cultural Maniños feminino, Carlos Gómez, amosouse moi satisfeito da temporada feita polo seu equipo, a pesar das dificultades do principio. (na imaxe na Gala do Deporte de Fene. Sillobre  2019)

Deportes

Publica o teu comentario agora