Pola mellora da atención médica

Os veciños de Maniños queren que se abra o seu centro de saúde
07 de Setembro, 2020 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

Fene esixe á Xunta celeridade na apertura do Centro de Saúde de Maniños, pechado a causa da Covid19 e pendente de someterse a unha pequena reforma que nunca chega, en palabras de Mar Piñeiro.

ESCOITA O PODCAST:

O grupo municipal socialista de Fene reclamou a inmediata apertura do Centro de Saúde de Maniños e unha mellora na atención teléfónica no Centro do Tarrío. A súa portavoz, Mar Piñeiro, afirma que os usuarios do centro do Pombal están deseando que abra o seu centro porque a maioría son xente maior que ten problemas para desprazarse ao centro de Fene para as probas do sintrón e outras rutinas médicas. O centro de Maniños permanece pechado para afrontar unhas reformas pero o tempo pasa, afirma Piñeiro, e a Xunta non da feito os deberes.

Os comedores escolares de Fene estanse preparando para acoller os comensais no empezo do novo curso escolar. O do Ramo xa está a punto e o de Centieiras se retarasará uns dias porque está pendente dunhas obras que acaban de licitarse. Mar Piñeiro agarda que as obras se remates a finais deste mes de setembro.

Noutra orde de cousas falamos con Mar Piñeiro das 120 rodas contabilizadas nas rúas de Fene, neumáticos que non se explica Piñeiro de onde saen porque cando mercamos rodas novas xa o taller xestiona as vellas. E outro tanto pasa cos colchóns. Aínda así o servizo de recollida de voluminosos vaise normalizando despois do retraso que sofríu a causa do confinamento, momento no que se multiplicaron os residuos no concello de Fene. Lembrar que a recollida faise dous dias á semana, os mércores e xoves, nas rutas habituais.

Institucional

Publica o teu comentario agora