A Policía detén en Ferrol a dúas persoas por tráfico de drogas

A Policía detén en Ferrol a dúas persoas por tráfico de drogas

08 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Axentes da Comisaría de Ferrol-Narón detiveron a dúas persoas, por un delito de tráfico de drogas. A detención destas dúas persoas de 51 e 43 anos de idade, veciños da localidade de Foz ( Lugo) un deles con antecedentes  por delitos de roubo con violencia e intimidación e contra a saúde pública, levouse a cabo  no día de onte cando os mesmos circulaban nun vehículo pola estrada de Catabois.

Nesa zona atopábase unha patrulla da Brigada de Seguridade Cidadá realizando labores de prevención da delincuencia, cando observa que un vehículo, ao decatarse da presenza policial, frea bruscamente, realizando o condutor unha manobra temeraria. Os axentes, ao observar esta reacción, interceptan o vehículo e tras chequealo e realizar distintas comprobacións incautan varias bolsitas de plástico que contiñan diversas cantidades de sustancia  estupefaciente, ao parecer heroína, que arroxa un peso aproximado de oito  gramos, así como diñeiro en metálico. Inmediatamente procédese á detención de ambas as persoas, que son trasladadas a dependencias policiais en unión do coche intervido, onde se tramitou o correspondente atestado, tras o cal foron postos a disposición  xudicial.

Sociedade