A Policía Local de Narón engalánase para festexar o seu cincuenta aniversario

A Policía Local de Narón engalánase para festexar o seu cincuenta aniversario

03 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Narón organiza as primeiras Xornadas de Portas Abertas para coñecer o Museo da Policía Local e a súa área deportiva, con motivo do 50º aniversario do Corpo municipal. As persoas que desexen visitalo poderán facelo nas instalacións do Cuartel da Estrada de Cedeira (Km. 1), dende o mércores desta semana ate o vindeiro 15 de maio. O horario de visitas será, de luns a venres, de 18:00 a 21:00 horas e os sábados, de 9:00 a 1

Único en Galicia, o Museo da Policía Local de Narón é a mellor testemuña da historia deste Corpo Municipal, constituido no verán de 1960. A través de fotografías e obxectos (entre os que se atopan moitos dos traxes empregados polos axentes locais nestes últimos cincuenta anos, utiles antigos, armas e pezas dos distintos vehículos utilizados), a colección do Museo permite comprobar cómo foi evolucionando un departamento que se creou con dous axentes e poucos medios materiais. Segundo relatou a Radiofusión o concelleiro de Tráfico e Seguridade de Narón, Ramón Padín, “os primeiros vehículos cos que contou a Policía Local de Narón foron as propias pernas dos axentes e unhas bicicletas, aínda que logo pasaron a desprazarse en tranvía e autobús”.Co paso dos anos, este departamento municipal foi medrando en recursos humanos e materias ata estar constituído na actualidade por trinta e seis axentes, que teñen ao seu dispor seis coches e catro motos.

O Museo da Policía Local está ubicado no interior do Cuartel da Policía Local, na Nave de Servizos (estrada de Cedeira, kilómetro 1). Con motivo das Xornadas de Portas Abertas que organiza o Concello para conmemorar o seu cincuenta aniversario, o centro exhibirá tamén unha mostra de pintura de tres artistas naroneses (con acuarelas de Jose Manuel F. Sánchez, óleos de Antonio Quintía Basoa, e debuxos de N.S.D.).

Logo desta cita, a celebración do 50º aniversario da Policía Local de Narón continuará cun acto institucional o vindeiro 24 de maio e con distintas actividades deportivas nas que tomarán parte, nos vindeiros meses, membros doutros Corpos Locais de A Coruña. O programa está coordenado polo axente municipal Benjamín Hermida. 

Sociedade