Policía local, policía de proximidade

Policía local, policía de proximidade
28 de Maio, 2019 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

Tres axentes da Policía local de Fene e dúas persoas de Protección Civil atenderon esta mañá á rapazada do segundo ciclo de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Perlío.Os axentes despregaron na Praza do Concello, vehículos e todo o material do que dispoñen para establecer controis de tráfico.

Colexio Jorge Juan na Praza Alcalde Ramón Souto de Fene

Cascos de policía e viseiras pasaron de man e en man esta mañá mentres a policía explicaba o seu traballo a favor da seguridade cidadán.

Institucional

Publica o teu comentario agora