Poligal nin se pecha nin se rende

Os desempregados de Poligal denuncian a falta de implicación da Xunta
07 de Agosto, 2019 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

Poligal non se pecha. Os traballadores da fábrica da Gándara manifestáronse esta mañá diante do edificio da Xunta en Ferrol. Poligal pechou hai 2 meses a planta e deixou sen emprego máis de cen persoas, moitos deles sen recibir a indemnización que se lles prometera.

ESCOITA O PODCAST:

Puidemos falar con Rafael Souto e Jose María Varela do comité de empresa de Poligal. Comentaron que eles consideran que a fábrica de film de plástico aínda pode ser viable cunha serie de inversións que actualicen a fábrica para traballar cunha nova liña de plásticos.

Sen embargo, os xa ex-empregados de Poligal consideran outras opcións. Están abertos a calquer tipo de plan industrial, sexa do seu sector ou de outro, para salvar as naves que agora mesmo están xa desocupadas.

O que denunciaron esta mañá ante a Xunta é a falta de información que están a recibir sobre a situación dos inversores que axudarían a factoria de Narón a saír a diante.

Anteriormente, se lles propuxo aos empregados a recolocación dalgún deles noutras fábricas da empresa, en Polonia ou en Portugal. Sen embargo, a ofrecían coas condicións de Polonia e Portugal, é dicir, con soldos moito máis baixos. Ningún deles aceptou.

Sociedade

Publica o teu comentario agora