Poligal segue loitando

Poligal segue loitando
21 de Agosto, 2019 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

Poligal non se rende. Os extraballadores da fábrica de Narón volvéronse a concentrar esta mañá fronte ó edificio da Xunta de Galicia en Ferrol. Recentemente reuníronse co alcalde en funcións de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato. Ambos apoiaron as súas reivindicacións.

ESCOITA O PODCAST:

Nesta concentración, o cadro de persoal demanda unha maior implicación da Xunta de Galicia e do goberno central. Queren que o Igape informe sobre os posibeis inversores.

Dende a última reunión co Igape, a finais de xullo, non volveron ter noticias. A próxima xuntanza terá lugar o 30 de agosto, o venres da vindeira semana demasiado tempo, consideran, sen novidades. Os traballadores buscan retomar a actividade da planta, coa fabricación de film de plástico ou plantexar outra vía de negocio que permita reubicar, senón a todos, á maioría dos afectados.

Sociedade

Publica o teu comentario agora