Polivalente Guión Club

Un local polivalente para o ocio en Pontedeume
12 de Febreiro, 2020 - 09:32 h. | Publicada por Radio Fene

O Guión Club de Pontedeume trae o sabado 15 de febreiro aos pontevedreses "O cadelo lunático".

ESCOITA O PODCAST:

Pontedeume conta cun novo local de ocio, o Guión Club, a ilusión dunha parella de mozos, Sabela Regueira Varela e Alejandro López González, e un proxecto que vai callando a poucas semanas de abrir as portas. Puxeron todos os esforzos por facer amable e acolledor o local que abriron onde o vello café Odeón, na rúa San Agustín, 6 de Pontedeume. Os seus promotores, Sabela e Alejandro, confesaron na súa visita a Radio Fene que están satisfeitos da acollida da xente. A vila eumesa é un lugar pequeno e polo tanto a ambición tamén é mesurada. A súa idea é que pasen polo local habitualmente artistas próximos, da contorna ou galegos, músicos e estilos diferentes. Normalmente os sabados o Guión Club ten actuación. A máis inmediata este sabado 15 de febreiro, O cadelo lunático, grupo de Pontevedra que ten o blues en galego como tarxeta de visita.

Nótase o esmero que puxeron na decoración do local, en facelo cómodo para os grupos que actúan alí, para que dispoñan dun bo escenario. O amplo local, restaurado por eles mesmos, contou coa axuda dun gran profesional para a insonorización. Quen alí estivo dá conta de que a sonoridade é perfecta.

Espazo polivalente

O Guión Club non é un local so para música, tamén é un espazo de exposicións, e bríndase tamén como un local para celebrar festas de cumpleanos – infantís e de adultos- prebodas, divorcios, etc. Guión Club abre cada día ás catro da tarde, agás os martes que son de descanso, e pecha a unha hora razoable. Os venres e sabados prolóngase o peche ata a madrugada. En Semana Santa queren ofrecer un programa especial. Na axenda están apuntados, entre outros, Pancho Varona ou os cataláns Brighton 64. E non digamos cando veña o verán.

Cultura

Publica o teu comentario agora