Polo dereito a enfermar

CCOO mobilízase en Ferrol contra os abusos das mutuas e polo dereito a enfermar
09 de Xullo, 2019 - 10:29 h. | Publicada por Radio Fene

Xa van dúas protestas de CCOO contra os abusos das mutuas, polo dereito a un emprego digno e polo dereito a enfermar.

A Federación de Industria de CCOO continúa en Ferrol a súa campaña contra os abusos das mutuas. O sindicato fai unha segunda protesta, nesta ocasión entre as 12 e as 13horas, diante da MUTUA FREMAP (Avda. De Esteiro, 58, Ferrol). Segundo o sindicato, non van parar de facer mobilizacións ata acadar unha modificación real nas prácticas que están a realizar estas entidades en materia de xestión de altas e baixas entre outras.

Isto é, afirman desde o sindicato, unha loita sindical na defensa das persoas traballadoras, o dereito a enfermar e a ter un emprego digno que sexa responsable dos danos que ocasiona. E se eliminen os riscos no traballo, non as cifras de accidentados derivando á Seguridade Social. CCOO informa tamén que a loita é cara as Mutuas como entidades, sendo conscientes de que as persoas que traballan nelas, son traballadores e traballadoras e sofren en ocasións presións para facer este tipo de prácticas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora