Polo Monseibán, sen GPS

08 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O Grupo de Montaña Pórtico (Fene A Coruña) organiza para este sábado, 9 de novembro, unha saida a San Simón (Lugo) para desenvolver unha actividade de orientación polos montes de Monseibán. Esta camiñada ten unha dificultade media e un tempo estimado de cinco horas e media. A camiñata ten a particularidade de aprender aos participantes a orientarse polos bosques, cos elementos de toda a vida, a búsola, o mapa e o altímetro, n

A saída farase en coches particulares desde a Praza do Concello de Fene ás 9:00 horas e todos os participantes deberán de levar roupa de abrigo e comida para afrontar a ruta.Todas as persoas interesadas en participar na actividade pódense achegar á saída o mesmo día á cafetaría Pachamama de Fene e tamén poden solicitar máis información no teléfono 981.443403 (de 9:00 a 11:00 horas).

Deportes