A polo reto do domingo

O Cultural Maniños feminino enfróntase ao Galicia de Caranza, as primeiras clasificadas
06 de Novembro, 2018 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

Será difícil pero as xogadoras do Maniños encóntranse no mellor momento da liga e dáselles ben xogar fora de casa, onde non perderon aínda. Así que todo é posible. Este é un dos retos máis importantes da tempada.

ESCOITA O PODCAST:

Maniños 9- Mugardos 1 fala dun bo partido xogado polas fenesas no Pote. O seu técnico, Carlos Gómez, sabe de memoria quen marcou os goles; Rebeca fixo o trío, Susana e Ana marcaron dous cada unha mentres que Maite e Lucía marcaron un cada unha delas. Soraya foi a autora do único tanto do Mugardos. Empezaran mal, cun conxunto practicamente novo e un corpo téncico tamén novo. Houbo que recolocarse e afacerse á nova situación pero están no camiño, en palabras do técnico, Carlos Gómez. O Cultural Maniños da Liga feminina de Futbol 8 xa é terceiro con 15 puntos.

O domingo ten un reto moi importante, enfrentarse ás primeiras clasificadas, o Galicia de Caranza que lle levan ao Maniños unha vantaxe de seis puntos (21). Gañarlles sería unha boa zancada. Ata agora fixérono mellor fora que na casa. O encontro xogase en Caranza o domingo ás 11:00h.

Deportes

Publica o teu comentario agora