Pombas sobrevoando a ferruxe

Pombas sobrevoando a ferruxe

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O tema titular do álbum é un exemplo do son que Doves levan dez anos perfeccionando. Un ritmo que cabalga a lomos das bandas sonoras para western de Ennio Morricone vaise solapando entre capas de guitarra, órganos e arpexios de pequenas campás, cargando progresivamente de emotividade cara o estourido do retrouso. Hai tamén no disco, como na apertura “Jetstream”, reminiscencias da música de baile que Doves facturaban cando se facían chamar Sub Sub, e todo tipo de cancións que falan de procurar a raiola de luz entre as fendas do cemento.

Cultura