Pontón defende que a Sanidade pública galega recoñeza as operacións de cambio de sexo

Pontón defende que a Sanidade pública galega recoñeza as operacións de cambio de sexo

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A número dous na candidatura por A Coruña do BNG nas eleccións á presidencia da Xunta, Ana Pontón, propuxo hoxe que o sistema sanitario galego recoñeza as operacións de cambio de sexo e a creación dunha unidade interdisciplinar para "o seguimento" de tratamentos hormonais dirixidos a este fin. En rolda de prensa tras reunirse con representantes da Federación Aturuxo, que aglutina as asociacións de Lesbianas, Gay, Bisexuais e

Precisamente, incidiu na "importancia" de dotar dunha "cobertura social" á transexualidade para que "recoñeza un dereito" que, na súa opinión, "non supón un custo elevado" para a sanidade galega e que supón unha carencia "que leva a moitas persoas ao desespero" ao verse obrigadas a recorrer "a tratamentos hormonais sen seguimento" ou a "mutilacións".ñ Neste sentido, valorou as accións "dos últimos tres anos e medio de Gobierno na Xunta pola igualdade e a non discriminación", como o apoio institucional á celebración do Día do Orgullo Gay por primeira vez en Galicia. Asimesmo, destacou a inclusión nos centros 'Querote' do programa 'Entendo' no que se proporciona asesoramento para cubrir "un baleiro e unha necesidade" de "recursos especializados"; a publicación 'Infoxove' na que se reservou un apartado para a súa difusión "en todos os números"; ou a "posta en marcha" do servizo de asesoramento xurídico "específico para este colectivo". Pola súa banda, a presidenta de Aturuxo, Lucía Vázquez, sinalou a "importancia" de "dar publicidade" a aquelas medidas "que escoitan as demandas sociais" e valorou "moitos aspectos" da xestión do BNG para "mellorar e ir cara a diante na igualdade real da sociedade galega".

Sociedade