Pontedeume xa dispón do seu inventario de bens

Pontedeume xa dispón do seu inventario de bens

19 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación de Coruña fixo entrega esta mañá ao alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, o Inventario de Bens Municipais do concello, un documento básico e requerido por lei onde se fai unha relación de tódolos bens e dereitos da entidade local. Un inventario deste tipo inclúe todo o mobiliario, fincas, inmobles, bens en cesión, accións, equipos informáticos, e tamén todas as infraestruturas de camiños, saneame

Gabriel Torrente, alcalde de Pontedeume, explicou que, ata o de agora, non tiñan inventario, polo que non podían acceder a moitas subvencións por non ter como xustificalas. Puxo como exemplo que, no caso de querer facer algunha actuación determinada nunha finca da súa propiedade, atopábase con moitos problemas para xustificar que a finca formaba parte do patrimonio municipal.

O rexedor lembrou que levaban anos tratando de facer o seu inventario e que a Deputación permítelles ter ao día o seu inventario sen ningún custe para o concello. Este inventario inclúese dentro do Proxecto de Elaboración dos inventarios posto en marcha no ano 2006 pola institución provincial que tiña coma obxectivo pór ao día aos municipios en canto ao seu inventario.

No estudo previo concluíuse que un total de 69 concellos da provincia non contaban ou non tiñan actualizado o seu inventario. Dada esa situación, a Deputación confeccionou estes documentos en colaboración cos concellos, xa que están esixidos por lei.

A primeira fase, considerada piloto, abranguía tres concellos. Recibíronse entón 59 solicitudes, o que fixo ver o preciso que era para os municipios contar con este servizo da Deputación. Desde entón, xa 28 concellos da provincia contan co seu inventario de bens municipais.

Da cuarta fase, que inclúe outros 24 concellos, o primeiro en entregarse é o do concello de Pontedeume que, desde hoxe, xa ten a súa información actualizada e posta ao día.

Sociedade