Pontevedra con Pucho Boedo e Os Tamara

Pontevedra con Pucho Boedo e Os Tamara

07 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Banda de Música de Pontevedra organiza para o vindeiro domingo unha homenaxe á orquestra Os Tamara e ao seu mítico vocalista Pucho Boedo. Celebraráse no Teatro Principal da cidade do Lérez ás 17.00 horas. Na cita participarán, ademáis da Banda de Música de Pontevedra, Paco Lodeiro, Sito Sedes, Miguel Ladrón de Guevara, Xurxo Souto e J. L. Represas.

Pucho Boedo foi un mito da música galega e un dos integrantes dos Tamara. Tras gañar un concurso foi fichado para a orquestra Os Trobadores, de Alfonso Saavedra. Pero foi desde a súa incorporación aos Tamara, chamado por Prudencio Romo, cando se fixo popular e chegou a ser "o crooner do fin do mundo". O noiés Prudencio Romo foi un dos artífices da creación da música lixeira galega nos anos 60, un xénero que se convertiu nun fenómeno de masas, e foi compositor de temas tan soados como A Santiago voy.

Cultura