Por fín cúbrese a pista

O Ceip Centieiras de Perlío terá por fín a pista cuberta para o inverno
11 de Xuño, 2019 - 12:52 h. | Publicada por Radio Fene

Arrancan as obras para cubrir a pista deportiva do CEIP Centieiras. A intervención ten un orzamento cercano aos 300.000 euros e un prazo de execución de 45 dias naturais.

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde Fene, Gumersindo Galego, informou do inicio dos traballos para cubrir a pista deportiva do CEIP Centieiras. Unha intervención que conta cun orzamento cercano aos 300.000 euros e que se completará próximamente con outros 40.000 euros para o acondicionamento das gradas na contorna.

Esta actuación para cubrir a pista e tamén a mellora das gradas finánciase con cargo ao remanente de tesourería e dáse así cumprimento a unha demanda da comunidade educativa longamente reivindicada, xa que dotará ao centro dun espazo cuberto para desenvolver as clases de ximnasia ou os recreos nos días de choiva. Instalacións que estrearán o vindeiro curso escolar.

O alcalde de Fene Gumersindo Galego declarou que as obras durarán teoricamente 45 dias naturais e que mesmo rematen xa se empezará coa remodelación das gradas e vestiarios, outra obra que acaba de ser aprobada.

Institucional

Publica o teu comentario agora