Por un Rego da Moa máis seguro

Por un Rego da Moa máis seguro

20 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene mellora a seguridade vial en Rego da Moa grazas á nova sinalización horizontal, mentras continúan os traballos de reposición do firme na estrada.         

Fene conta dende onte coa mellora na seguridade vial que levaba reclamando a Fomento dende hai xa meses para baixar ao mínimo a alta siniestralidade na Nacional 651 ao seu paso por Rego da Moa.  A entrada a Fene pola estrada nacional foi repintada, despois dos estudos de realizados por Fomento, do xeito que se entendou coma máis seguro. Así, se optou polo pintado dunha isleta que se vai abrindo paralela á mediana de cemento xa existente, un par de metros máis abaixo do final da mediana. Os carrís de subida e de baixada quedan separados físicamente pola isleta, sen dar lugar ás confusións que provocaban aos conductores e á maioría dos accidentes. No tocante ao cruce de Rego da Moa, co mesmo ancho desta isleta, pintaronse tamén as incorporacións correspondentes para acceder dun xeito máis seguro a Magalofes e a Barallobre, convertindo en escasa a perigosidade que ata o día de hoxe existía neste cruce. O segundo carril, o de adiantamento, dirección Pontedeume se abre de novo unha vez pasado o cruce, de xeito que a seguridade non estará reñida coa fluidez do tráfico. Polo momento, os sinais verticais permanecerán con pintado de obra mentres non remate o amaño do firme nesa zona.

Sociedade