Por unha liña circular de transporte

O BNG cré na unión de concello e veciñanza para reclamar un mellor transporte Fene-Ferrol.
17 de Xaneiro, 2020 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG denuncia a inexistencia dun plan de prevención de actuación, a raíz dos temporais sufridos as pasadas semanas. Trigo achacao á "falta de previsión, falta de limpeza dos rexistros e incorrecta limpeza dos ríos Cádavo e Magalofes”.

ESCOITA O PODCAST:

A potenciación do transporte público é unha necesidade en Fene. Precísanse máis frecuencias de autobuses con Ferrol e o restablecemento dun auténtico servizo de tren de cercanias. O ferrocarril é un medio de comunicación con moito futuro ao contaminar menos que o transporte por estrada. Outra das posibeis alternativas para mellorar a mobilidade na comarca pasaría por unha liña circular que completara o actual percorrido do porto de Ferrol ata o Puntal en Neda. Son algunhas das opinións verquidas polo voceiro municipal doi BNG de Fene, Juventino Trigo. Afirma que o autobús tería que chegar a Fene e enlazar con Ferrol pola ponte das Pias. Dese xeito aumentaría a frecuencia de comunicación entre as dúas beiras da ría.

“Estamos en conversas de cómo se pode enfocar a moción de censura ao alcalde de Fene” afirma Juventino Trigo. Tanto os nacionalistas como os socialistas coinciden en que Gumersindo Galego debe abandonar o cargo tras ser condenado por un delito penal. Un alcalde debe dar exemplo diante da cidadanía, segundo incide o BNG. Agora é responsabilidade do Bloque e do PSOE presentar unha moción de censura despois de que en duas ocasións o pleno da Corporación aprobara por maioría a petición de dimisión do alcalde.

No espazo As Foxas, Trigo referiuse tamén aos compromisos arrancado polo BNG ao novo goberno central, antes da investidura de Pedro Sánchez. A transferencia da AP-9 é quizás o tema estrela pero Trigo falounos doutros. Tamén falamos con el de NOA como exemplo da desindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e da unión de empresarios, concellos, etc para poñer freo á marcha das empresas. Ou dos graves anegamentos producidos en Perlío durante os últimos temporais.

Institucional

Publica o teu comentario agora