Por vos, os constructores de barcos

O colectivo Terra adica este ano o festival á loita obreira nos estaleiros da ría de Ferrol.
28 de Novembro, 2018 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

O Festival Treme a Terra chega cargado de solidaridade e música. Pequenos e adultos disfrutarán o sabado 8 de decembro en Pontedeume da edición número 19.

A XIX edición do Festival organizado polo Colectivo Terra de Pontedeume, celebraráse o sábado 8 de decembro na vila eumesa. Este ano está dedicado á loita obreira na bisbarra, en particular á loita dos traballadores do naval.O evento terá lugar na Pista Polideportiva do IES Fragas do Eume e contará coa actuación das formacións:   Bule ( grupo local que mestura o pop e o rock con melodías pegadizas), Tanxugueiras (música tradicional galega), Bastards on Parade (presentan novo disco) e o grupo sueco, The Baboon Show (punk rock). A entrada será gratuíta.

Os máis pequenos tamén poderán gozar o mesmo sabado a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura coa actuación de Pakolas e o seu espectáculo "As Parábolas de Pakolas". Tamén dentro do mesmo programa, a rapazada terá oportunidade de ver e escoitar a Paco Nogueirasco seu " Radio Bule bule" o dia 16 ás 12.00h, no mesmo escenario.

Sociedade

Publica o teu comentario agora