ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hoxe é dia de portas abertas no novo centro de dia de Fene, Afago. O luns porase en funcionamento, unha vez obtivo o visto e prace da Xunta de Galicia.
Xornada de portas abertas no novo centro de día Afago, na avenida Marqués de Figueroa, 39 en Perlío, Fene. As instalacións visitaronse esta mañá de dez a unha do mediodía e pola tarde poderán visitarse aínda de cinco a oito. O centro empezará a funcionar xa con normalidade o vindeiro luns, unha vez que a Xunta de Galicia realizou a inspección do local e deu a autorización definitiva para a apertura.
O seu xerente, Rubén Fontenla, recibiunos esta mañá no centro que se presenta espacioso e luminoso, preparado ata o último detalle para recibir aos primeiros residentes. En Afago realizaranse procesos de rehabilitación porque o terapeuta ocupacional Rubén Fontenla insiste na posibilidade de recuperación de persoas que non se visten ou non se bañan solas. Informanos que aínda hai prazas vacantes.
A calefacción quedaba acesa e todo colocado no seu sitio, preparado o primeiro centro de dia de Fene para recibir aos seus residentes. O horario habitual de apertura será de oito da mañá a oito e media da tarde. Disporán de transporte a Fene, Ares, Mugardos, Pontedeume, Cabanas, Neda A Capela, Narón e Ferrol.
Publica o teu comentario agora