Portos de Galicia inicia as labores de dragaxe do acceso á dársena de Foz

Portos de Galicia inicia as labores de dragaxe do acceso á dársena de Foz

21 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Portos de Galicia vén de iniciar as obras de emerxencia do dragado da entrada e saída da dársena portuaria de Foz. Estes traballos permitirán a recuperación do calado necesario para garantir a seguridade da navegación sen risco de varada para as embarcacións.

 Os traballos veñen motivados pola situación de perda paulatina de calado na zona, especialmente acrecentada polos temporais e as condicións meteorolóxicas dos últimos meses e que deixaban en risco de inoperatividade os accesos á dársena. Portos de Galicia xa manifestara a necesidade dunha dragaxe total da zona. Dada a urxencia da situación actual, decidiuse executar esta actuación parcial, ante a imposibilidade de dragar a totalidade da zona afectada, debido á falta de autorización para un punto de vertido do total dos residuos.
Na súa recente visita á zona, o presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, xa se comprometera a dragaxe urxente, como reforzo da seguridade ante o risco de varada. A actuación está orzamentada en 245.794 euros e o prazo de execución estímase en catro semanas. As obras a acometer no porto de Foz supoñen a extracción duns 10.000 metros cúbicos de area, localizada no entorno da bocana da dársena. Tamén se inclúe o seu depósito nun recinto provisional, para o seu traslado definitivo ao punto autorizado para elo. O saída do porto realizarase pola zona limítrofe coa costa ata enlazar coa variante, para o centro da vila.
Esta actuación dá resposta a unha problemática posta de manifesto polos pescadores e o clube náutico de Foz, que manifestaran ó responsable de Portos de Galicia comprometeu resolver de xeito inminente no encontro cos afectados, hai dúas semanas.
O proxecto para a reordenación do peirao focense inclúe tamen a remodelación dos espacios de terra nuns 30.000 metros cadrados e na lámina de auga. O que se pretende é habilitar unha zona técnica q sirva de traballo común dos usuarios do porto así como unha zona de servicios complementarios como un aparcamento e tamén para espazos públicos. Na lámina de auga, as zonas a delimitar son tamén tres, unha para embarcacións pesqueiras con 50 plazas, outra para as embarcacións recreativas con 350 amarres e por último unha de embarcacions tradicionais con 40 plazas.

Institucional