Portos de Galicia realiza melloras nos peiraos da comarca

Portos de Galicia realiza melloras nos peiraos da comarca

14 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O ente público Portos de Galicia, dependende da Consellería do Mar está realizando nos últimos tempos obras de mellora e acondicionamento na gran maioría dos portos da Mariña. As máis importantes desenvolvéronse en Ribadeo e Foz, inda que tamén son importantes as de O Vicedo, Xove e Viveiro.

Portos de Galicia vén de dar comezo as obras de ampliación do peirao de Mirasol, en Ribadeo. Esta actuación prevé a creación dun peirao adosado interior, que permitirá a creación dun novo atraque para mercantes, pasando de tres a catro. O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou nesta semana os traballos nos que o seu departamento investirá 1,8 millóns de euros.
O proxecto recén iniciado contempla también a ampliación da explanada portuaria. Así mesmo inclúese a dragaxe da canle de navegación de acceso ao peirao. Por razóns operativas a dragaxe realizarase a mediados do próximo ano polo que o prazo de execución estimado para a obra é dun ano.  Tamén se está actuando nas instalacións náutico recreativas ribadenses. Neste espazo construirase unha pasarela de madeira

Pola súa banda, en Xove, Portos de Galicia solicitará á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a calificación ambiental do proxecto de ampliación e mellora do porto de Morás. Durán Hermida repasou co rexedor Demetrio Salgueiro os avances desenvolvidos na tramitación do proxecto que requeriron de negociacións con outras entidades e administracións para conseguir a viabilidade do proxecto no que se refire á súa ubicación territorial.  A proposta de ampliación e remodelación do porto de Morás vén de ser adaptada ás peticións trasladadas polo sector profesional.

En Foz xa se procedera á ampliación e mellora do porto deportivo e do peirao profesional, pero queda pendente a execución da dragaxe da dársena. No Vicedo,  as obras de ampliación dos pantaláns deportivos na dársena inclúe ademais  melloras para o espazo de usos pesqueiros.

Sociedade