Posible alineación indebida

Posible alineación indebida
29 de Outubro, 2018 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

O comité de competición decidirá esta semana sobre unha posible alineación indebida do Cebarca no partido de fútbol da Segunda Galicia, Barallobre – Cebarca. Se vai adiante esa posibilidade, o equipo da Barqueira quedaría con tres puntos menos que irían para o conxunto do Ramo. Confirmaríase practicamente a clasificación do equipo adestrado por Óscar Varela para o denominado “grupo bó”.

ESCOITA O PODCAST:
O Barallobre depende de sí mesmo

Quedan dous partidos para finalizar a fase e o Barallobre conta con 12 puntos por 11 do Cebarca. Os dous loitan pola quinta praza que da dereito a clasificarse para o “grupo bó”. O Cebarca ten en principio un calendario máis doado, xa que xogará contra o Vilarmaior e contra o Monfero, equipos da zona baixa da clasificación. O Barallobre visita ao Perlío e recibirá ao Rápido de Neda.
Barallobre 3 – 0 Vilarmaior
O Barallobre non perdonou no partido desta xornada. Os goles de Dasilva, Adrián Plana e Paolo ratificaron a superioridade do equipo local. “Quedan duas xornadas e parece que entre o Barallobre e o Cebarca disputarán a quinta praza” salientou o adestrador do equipo do Ramo Óscar Varela.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora