A postura da Xunta de Galicia non ten sentido

A postura da Xunta de Galicia non ten sentido
02 de Xuño, 2020 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

Os centros de día cualifican de "postura sen sentido" a decisión da Xunta de Galicia de atrasar ata setembro a apertura destas instalacións. Non responde ás necesidades reais do colectivo de persoas maiores e aboca ao peche a un sector que crea moitos postos de traballo. A ver se con esa reclamación hai algún cambio de decisión na fecha de apertura, segundo Rubén Fontela, do centro de día Afago de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:
Os centros de día queren abrir en xuño

Segundo un comunicado dos centros, a falta de rehabilitación, terapias e exercitación da memoria, está a causar deterioro en amplos colectivos de persoas maiores. Necesitan unha atención especializada a pesar de estar coidados por persoas que poñen todo o seu cariño e o seu esforzo. A volta á actividade laboral en moitos sectores e e necesidade de conciliación laboral e familiar fan urxente a reapertura dos centros de dia, segundo afirman.

Institucional

Publica o teu comentario agora