Potenciar a cultura galega

Potenciar a cultura galega
14 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A SCRD O Pote de Maniños está situada nun entorno privilexiado, cunha terraza rodeada de natureza. “Que se pasen por aquí porque seguramente volverán”, afirma o seu presidente, Xabier Rodríguez. Conversamos con el sobre a actividade e historia da entidade. Escoita aquí a entrevista.

ESCOITA O PODCAST:

“Potenciar a cultura galega é o principal obxectivo desta sociedade”, explica o presidente da SCRD O Pote ao tempo que lembra que a natureza e o deporte son tamén piares importantes desta asociación que ten programados diversos actos para celebrar a semana das Letras Galegas. Tamén está xa confirmada unha nova edición da romaría do Pote “unha festa que comezou como unha romaría laica con xente dos arredores que viña coas súas merendas e actuacións musicais. Agora está máis enfocada á música folk”.

Na imaxe, Xabier Rodríguez, presidente da SCRD O Pote de Maniños

Fotografía: Xarda

Cultura

Publica o teu comentario agora