Praias de Ferrol, a envexa do mundo

Praias de Ferrol, a envexa do mundo

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os areaias ferroláns encaran o verán cun incremento nas quendas de limpeza ás fins de semana. Dende o 15 de xuño todos disporán xa do servicio de socorrismo do que agora mesmo xa disfrutan  Covas, Doniños, San Xurxo e Esmelle. Esta última perdeu este ano a bandeira azul pero continuan izándoa as outras tres.

As praias ferrolanas están xa preparadas para recibir aos bañistas despois de executarse unha limpeza previa. Tres delas con bandeira azul, Doniños, San Xurxo e Covas. Catro dispoñen xa de sevicio de socorrismo: Doniños, Esmelle, Covas e San Xurxo. Dende o dia 15 de xuño disporán de socorristas o resto. Este ano os areais ferroláns limparanse a diario. Unha cuadrilla de sete persoas desprazarase cada mañán ás 8 a poñelas a punto, mesmo na fin de semana, segundo o edil de Servicios de Ferrol, Rafael Fernandez beceiro.

Esmelle quedou este ano sen bandeira por razóns oficialmente descoñecidas, segundo o concelleiro de servicios, Rafael Fernández Beceiro, pero non importa porque o concello está seguro de que os seus areais gozan de auga limpa e excelentes paraxes que son a envexa de toda a península.

O edil ferrolán opina que cada vez a xente está máis educada no respecto ás praias pero queda algún lunar para que a situación sexa mellor, non levar os cans aos areais.   

Sociedade