Praza 18 de decembro

A Praza 18 de Decembro lembrará aos 14 veciños fusilados ese dia de 1936
29 de Novembro, 2019 - 10:37 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno de Cedeira bautiza como Praza 18 de decembro á coñecida Praza dos cabalos, para recordar aos veciños fusilados en 1936.

Nunha emocionante sesión plenaria do Concello de Cedeira aprobouse onte por unanimade unha Moción presentada pola Sección Local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, propoñendo nomear como PRAZA 18 DE DECEMBRO a coñecida como Praza dos Cabalos. Moción presentada en presenza de Juan Antonio Fernández Rodríguez, fillo do derradeiro Alcalde da República, Manuel Fernández Freijeiro. Lérona a súa neta Teresa Fernández e Vicente Loureiro, membros da Asociación. A Moción, en recoñecemento aos 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas asasinados,  o 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe. (Na imaxe, momento da lectura durante o pleno)

Presentouse ao amparo da Lei 52/2007 que establece medidas en favor de quenes padeceron persecución e represión durante a Guerra Civil e a Ditadura. Representan tamén a un total de 39 veciños e veciñas de Cedeira que pagaron coa súa vida o seu compromiso democrático e a moitos e moitas máis que o fixeron con cárcere, torturas, usurpación dos seus bens, perda do seu modo de vida e marxinación social, e que foron implacablemente castigados e castigadas con crueldade inusitada todos os membros da familia, sendo privados non só dos seus seres queridos, senón das súas propiedades e medios de vida.

A lista é longa:

Enrique Alonso Teijeiro. Mestre

Adolfo Bouzón Teijeiro. Mariñeiro

Antonio Castillo Domínguez. Veterinario

José Cipriano Durán Fraguela. Labrego  e 2º Tte. Alcalde

Manuel Fernández Freijeiro. Militar retirado e Alcalde

Ginés Fernández Rodríguez. Estudante e fillo do anterior.

Miguel Fernández Santos. Funcionario de Correos

Isaac Forneiro Varandela. Mestre e empregado do Banco Pastor

Antonio Iglesias Freire. Mariñeiro

José Lago Beceiro. Labrego

Concelleiro Enrique Martínez. Teijeiro Conductor de autobús

Rufino Redondo Senra. Mestre

Francisco Rodríguez. Barbeiro e Músico

Antonio Ameneiro Brage. Veciño de Cabanas

Sociedade

Publica o teu comentario agora