Premian ao Colexio de Xornalistas e á Asociación de Medios en Galego

Premian ao Colexio de Xornalistas e á Asociación de Medios en Galego

15 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá co Premio AELG 2015 'Institucións' o labor do Colexio de Xornalistas de Galicia e da Asociación de Medios en Galego en defensa do uso do galego nos medios de comunicación nun momento de "especial dificultade" para este idioma.    "Creo que é un clamor a necesidade de que existan medios en galego e que se amplíe o espazo que este ten naqueles que non

Segundo explicou, na súa reunión, os escritores en lingua galega tamén acordaron, conceder o seu Premio 'Os Bos e Xenerosos 2015' a "unha xeración que tivo un papel fundador no que  pode ser o xornalismo de hoxe en Galicia". Así, os galardoados serán Tereixa Navaza, Gustavo Luca de Tena, Manuel Lombao, Margarida Ledo e Xosé María García Palmeiro.

Estes premios, avanzou, serán entregados nunha gala que terá lugar o día 9 de maio en Lugo e na que tamén se recoñecerá a traxectoria de Xosé María Álvarez Cáccamo co premio 'Escritor na súa terra-Letra E' que cada ano concede a asociación a un autor destacado pola calidade do seu traballo.    Ademais, nesta gala o autor brasileiro Luís Ruffato será nomeado 'Escritor Galego Universal 2015' e a AELG recoñecerá como 'Mestres dá Memoria' a Xosefa Arias e a Emilio do Pando, aos que Cesáreo Sánchez encomiou como "dous grandes narradores orais".

Cultura