Premio do deporte lucense para Claudia, a capitana do Burela FSF-Pescados Rubén

Premio do deporte lucense para Claudia, a capitana do Burela FSF-Pescados Rubén

14 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A dedicación da ala-peche focega Claudia Rodríguez, capitá do CD Burela FS-Pescados Rubén, foi recoñecida no serán de onte co galardón El Progreso ao Deportista Lucense do Ano na disciplina de fútbol sala. A premiada destacou a ilusión que lle facía recibir ese premio e que era compartido con todo o fútbol sala feminino e co seu equipo.

Claudia Rodríguez, capitá do CD Burela FS-Pescados Rubén, foi recoñecida con este galardón  de El Progreso ao Deportista Lucense do Ano na disciplina de fútbol sala. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, foi o encargado de facerlle entrega do premio á xogadora nunha gala no auditorio Gustavo Freire na cidade amurrallada. Claudia, que ademais competía polo galardón co seu adestreador no equipo de Burela, Xavier Pardeiro, amosouse moi contenta e ilusionada polo premio. A xogadora mariñana dixo que xa lle sorprenderá ser nominada, por segundo ano consecutivo e que este recoñecemento llo debía ós seus adestradores, ás compañeiras de equipo e o duro traballo que realizou nos últimos anos. Claudia Rodríguez dixo ademais que era un recoñecemento para o fútbol sala feminino que ten no Burela FSF-Pescados Rubén un expoñente do potencial galego neste deporte.
Na sétima edición da devandita homenaxe, os lectores e lectoras do xornal El Progreso escolleron os premiados en 32 especialidades deportivas, entre os candidatos previamente seleccionados por un xurado composto polos membros da sección de Deportes do periódico e xornalistas deportivos da cidade.
Xunto a Claudia tamén obtaban ao galardón o técnico laranxa, Xavier Pardeiro, e o xogador do Benicarló Hugo Sánchez, ex do Azkar. E foi precisamente na categoría xeral onde tamén se impuxo o fútbol sala, co premio para Hugo Sánchez, que competía co nadador Mauro Rodríguez, o Club Deportivo Lugo, a atleta Alessandra Aguilar e o adestrador do Granada Club de Fútbol, Fabri González.

Deportes