Premio Vicente Ferrer para o IES Terra de Trasancos de Narón

Premio Vicente Ferrer para o IES Terra de Trasancos de Narón

12 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Instituto de Educación Secundaria Terra de Trasancos ven de gañar o Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación ó Desenvolvemento, na modalidade de Formación Profesional, xunto co IES Julio Verne (Madrid). O centro naronés logrou esta distinción polo seu proxecto “Emprendedores solidarios”, desenvolvido durante o curso 2009-2010 baixo a coordinación dos profesores Manuel Rivera Iglesias –na parte do proxecto empresarial e econom&iac

O proxecto “Emprendedores solidarios” tiña coma obxectivos facilitar o coñecemento da realidade das comunidades rurais e orixinarias de América Latina, analizando a situación económica, social e cultural dos inmigrantes e outros colectivos en risco de exclusión e pobreza que viven no territorio español. Tamén se implicou ós participantes na mellora da sociedade dende o entorno local ata chegar ó global e na creación dunha cooperativa intercultural sen ánimo de lucro concebida coma un espazo para a convivencia e o desenvolvemento de actividades, sustituíndo a aportación de capital financieiro por aportación de traballo voluntario.

Para lograr estos obxectivos, o IES Terra de Trasancos desenvolveu un conxunto de actividades relacionadas co cooperativismo, o comercio xusto, a integración socio-laboral, o desenvolvemento rural e as comunidades.

Neste traballo, o centro contou co apoio do Concello de Narón e tamén coa colaboración técnica da Asociación de Economía Social “Briante”, ademais do Grupo de desenvolvemento rural Euroeume.

O Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación ó Desenvolvemento é un galardón creado polo Goberno de España, en concreto pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Ministerio de Educación, como homenaxe ó cooperante español Vicente Ferrer Moncho.
O premio concédese anualmente a centros docentes que fomenten experiencias o proxectos educativos realizados durante o curso académico, e destinados a sensibilizar, concienciar e desenvolver o espíritu crítico ademáis de fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da probreza e as súas causas e o desenvolvemento humán e sostible.

O premio non conleva unha dotación económica, senón que consistirá na participación dos alumnos nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento, que se celebrará do 28 de agosto ó 4 de setembro do 2010 no Centro de Formación da Cooperación Española, en Cartagena de Indias (Colombia).

Ademáis, ó finalizar o Seminario de Boas Prácticas está prevista a publicación dun libro recopilatorio con tódalas experiencias gañadoras, que servirá de exemplo e modelo para futuras accións dos centros docentes no ámbito da Educación para o Desenvolvemento Formal.

Sociedade