A prensa deportiva abre ás III Xornadas Formativas Burela FS

A prensa deportiva abre ás III Xornadas Formativas Burela FS

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Baixo o título “A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais”, o relatorio do delegado do xornal A Mariña-El Progreso, Pablo Yáñez, abrirá este xoves as III Xornadas Formativas Burela FS, ás 17. 30 horas, no IES Monte Castelo.

As Xornadas Formativas de 2011 prolongaranse ata o 1 de xuño, nun total de cinco charlas. A prensa deportiva dará paso ao mundo de “As relacións laborais no fútbol sala”, o 12 de maio, a cargo de profesorado da Universidade da Coruña especializado en Dereito do Traballo e Dereito Sindical. O fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB, Fiz Fernández, abordará as vendaxes funcionais o 19 de maio. Unha semana máis tarde, a xestión deportiva centrará o ciclo a través da perspectiva do xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida. Por último, as experiencias de Pablo Prieto como seleccionador de Libia porán o broche final o 1 de xuño.

LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.30 h.
Xoves 5 de maio
“A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais’
Relator: Pablo Yáñez, delegado de A Mariña-El Progreso

Xoves 12 de maio
“As relacións laborais no fútbol sala”
Relatores: Jesús Martínez, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social; Alberto Arufe, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social; e Iván Vizcaíno, profesor de Dereito Sindical (Universidade da Coruña)

Xoves 19 de maio
“A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”
Relator: Fiz Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB

Xoves 26 de maio
“Modelod e xestión dunha fundación deportiva e dun club de alto rendemento”
Relator: Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11

Mércores 1 de xuño
“Futsal en Libia, experiencias”
Relator: Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia

Deportes