ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes e a asociación cultural e tempo libre Tarandeira organizan a sexta edición das Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o 14 e 15 novembro e que incluirán charlas formativas, exposición de cogomelos e saída ao monte para a súa recolección. Unhas xornada
O sábado 14 de novembro, Martín Souto, biólogo experto en micoloxía, impartirá unha charla formativa na Casa da Cultura ordense. Xusto despois terá lugar unha saída ao monte para apañar cogomelos para despois participar nunha degustación de cogomelos no Restaurante Fraga. Xa pola tarde, exporanse e identificaranse os cogomelos apañados durante a mañá.
O domingo 15 de novembro, o mestre de cociña Higinio Díaz Angulo explicará, dende as 10:00 horas, como se preparan distintos tipos de pratos con base de cogomelos. Unhas setas que serán degustadas a partires das 14:30 horas por todos os participantes nestas xornadas micolóxicas.