Prepárase a festa do champiñón para o 25 de abril

Prepárase a festa do champiñón para o 25 de abril

30 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Corporación de Ordes celebraba esta mañá a sesión plenaria correspondente ao mes de marzo. Unha sesión na que se aprobou por unanimidade a proposta do grupo de goberno de solicitar á Xunta que se declare a Festa do Champiñón como Festa de Interese Turístico. Tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, trátase dunha festa que se converteu xa en todo un referente no municipio e que celebrará este ano a súa vixésimo p

Ademais o primeiro edil lembrou que esta nova cita coa Festa do Champiñón en Ordes terá lugar o próximo 25 de abril, enmarcada dentro da celebración de Expo Ordes 2010 que terá lugar os próximos días 23, 24 e 25 de abril.

Por outra parte, ao inicio da sesión tamén tomou posesión como novo concelleiro do Concello de Ordes, Jesús Pampín Recouso, que sustitúe no cargo a Ana Mª Álvarez, ex- concelleira que o pasado mes de febreiro presentaba a súa dimisión por motivos persoais. O alcalde deu a benvida a este novo edil, que tamén recibiu palabras de apoio por parte de cada un dos grupos políticos que forman a Corporación. “Esperamos o mellor para este novo compañeiro”, dixo Regos.
Jesús Pampín tomará así o relevo de Álvarez ao fronte da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes.

O pleno ordense tamén aprobou por unanimidade o inventario municipal de bens e o inicio do expediente de declaración de Fillo Predilecto do municipio a Ramón Carro Romero. En canto a este último punto explicouse que se trata dunha proposta dun grupo de veciños a través da que se quere destacar a traxectoria profesional deste

empresario local. Así decidiuse nomear como instructor deste expediente ao concelleiro do goberno local, Manuel Astray, quen explicou que se tramitará o expediente para que despois volva a ser o pleno quen decida se se concede ou non este nomeamento, aínda que engadiu “esta distinción é merecida por Ramón Carro pola súa labor profesional e os beneficios que isto conleva para o municipio”.

En canto ao turno de mocións non se aprobou a urxencia dunha moción do BNG e outras tres do PP. A moción nacionalista relativa a instar á Xunta a que dea celeridade ás concentracións parcelarias, foi respondida polo concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira quen explicou que dende o goberno autonómico anunciaron que se vai avanzar nesas concentracións, polo que engadiu “cabe esperar e por iso non vemos a urxencia da moción”.

As outras mocións dos populares, unha na que se acusaba ao goberno local de renunciar a unha subvención de 100.000 euros da Xunta para  o vial de acceso ao polígono, e outra sobre a habilitación dunha liña de transporte entre a estación de tren de Fosado e o centro urbano ordense, tampouco tiveron a aprobación de urxencia, aínda que sí se explicaron por parte do grupo de goberno. Así, en canto á primeira, o alcalde, Manuel Regos, explicou que a subvención solicitárase no mes de marzo e dende a Xunta comunicárona a finais de ano cando xa non había partida orzamentaria para ela e o prazo de execución da obra era case imposible.
En canto á outra moción explicou tamén Regos que se manterán reunións con Adif polo que se debe esperar para ver o que se acorda, aínda que engadiu por outra banda que nos próximos días colocarase información sobre taxis e demais información de servizos para os usuarios da estación de Fosado, sendo conscientes da falta de información que hai ao respecto.

Sociedade