Prepárase o inicio das obras nos Pinares de Perlío

Prepárase o inicio das obras nos Pinares de Perlío

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de colocación de cesped artificial no campo dos Pinares de Perlío comezarán esta semana. Fontes da empresa adxudicataria confirmaron a Radiofusión que hoxe martes ou mañá mércores asinaráse a acta de replanteo, trámite que se considera de xeito oficial como o inicio das obras.

A partir da firma da acta, a empresa contará cun prazo de dous meses para a finalización da obra. Inicialmente fixábase un periodo de 45 dias, pero ampliouse en 15 xornadas máis para salvar posibeis inclemencias do tempo.O Concello de Fene adxudicou no pasado mes de xuño a instalación do cesped artificial dos Pinares á UTE formada por Calfensa Proyectos e Asogal Construcciones por un importe de 375.232 €.

Sociedade