Preparados para plantar as patacas

Preparados para plantar as patacas
16 de Marzo, 2020 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

Os cidadáns fixeron acopio de planta para ter ao día a súa despensa agrícola. É tempo de plantar a pataca e esta semana, en canto veña o bo tempo, será a primeira ocupación dos que teñen ese cometido.

ESCOITA O PODCAST:

"A xente está asustada" É a primeira percepción do enxeñeiro agrícola Eusebio López Redondo, propietario de Agropesca en Perlío (Fene). A súa tenda abre porque vende planta que á súa vez dará productos da terra que á súa vez nos alimentan a todos nos. "O sabado pasado foi unha invasión" declara Eusebio, para explicar que a xente fixo acopio do que precisaba co medo a quedar sen nada. Pero hoxe xa non entra ninguén na tenda. Explica Eusebio López (na imaxe, primeiro pola esquerda) que estamos no tempo de plantar a pataca, tan agardada despois da prohibición de dous anos, o cebolo, couveflor, porrosou brecol.

Tamén é o momento de preparar os sementeiros dos tomates e dos pementos para empezar a plantalos en abril. O mércores anúnciase a chegada do bo tempo. Mércores, xoves e venres dedicaranno os agricultores a plantar as patacas que "son un producto de primeira necesidade , como o pan" dí López.

Confesa o noso experto que moitos veciños de Neda que non teñen terra mercaron a planta para poñela en terreos prestados polos seus familiares. Tamén é tempo de poda así que Eusebio recomenda, para estes dias de encerro, aproveitalos para podar as froiteiras tardías que aínda non florearon pero tamén están a tempo de podar maciñeiras ou kiwis. E por suposto "segar a herba é máis que recomendable", afirma.

Sociedade

Publica o teu comentario agora