Preparan unha mostra bibliográfica arredor do Entroido

Preparan unha mostra bibliográfica arredor do Entroido

01 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal de Ordes quere sumarse un ano máis aos festexos do entroido, nesta ocasión coa celebración de diferentes actividades. Preparan unha mostra bibliográfica de fondos bibliográficos referidos ao Carnaval. Inclue libros de receitas, refraneiros, cancións, novelas e todo tipo de documentación e información sobre o entroido.

O pasado venres 25 de febreiro tiña lugar nas novas instalacións da biblioteca, unha sesión das “Tardes de Contos e Lendas” que versou sobre o entroido. Un contacontos foi o encargado de traer a diversión a máis de medio cento de nenos e nenas participantes que bailaron, cantaron e disfrutaron a través do conto “Entroido no zoolóxico”.

Desta maneira dábase continuidade ao programa de animación á lectura “Tardes de Contos e Lendas”, posto en marcha pola Biblioteca Municipal de Ordes hai máis de sete anos, que o último venres de cada mes achega o mundo dos contos a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. Unha actividade que se seguirá a celebrar nos vindeiros meses.

Cultura