Preparando o cumpreanos

Preparando o cumpreanos
23 de Outubro, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

San Valentín naceu en 1971. Preparan para o 2021 unha celebración por todo o alto dos seus cincuenta anos. O Centro de Promoción Social tamén atende ás necesidades máis urxentes, organizan a festa do Samain para o xoves 31 de outubro e reclaman o soterramento das liñas de alta tensión que pasan polas inmediacións do colexio.

ESCOITA O PODCAST:
San Valentín en construción. 1970

Corría o ano 1967. O cadro de persoal de Astano medraba e o seu potencial industrial era evidente. O número de traballadores aumentaba de xeito notable e en asemblea decidiron crear unha cooperativa de vivendas. O Centro de Promoción Social de San Valentín formouse en novembro de 1977. O consello de administración de Astano decidiu cederlle á nova entidade uns terreos de sesenta e catro mil metros cadrados na zona denominada daquela Chousa de Perlío. A cooperativa formaliza o contrato para a construción dunha primeira fase. Son trescentas oitenta e catro vivendas, entregadas en marzo de 1971. Unha segunda fase de duascentas corenta vivendas entregáronse en xullo de 1975.
Xunta directiva
Desde o pasado mes de marzo, Juan Miraz preside a directiva do CPS, integrada por Héctor Seco, Alba GarcÍa Fariña, Josua López Pereiro, Telmo Garcia Pérez, Ana Belén Cardeña, Luís González Rico e Teresa Dopico. O un de decembro celebrarán a Festa dos Callos arrufada por Ponte ao regho e tamén promoven unha festa pre-fin de ano para o sábado vinteoito de decembro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora