Preparando o POS 2021

Preparando o POS 2021
08 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene empeza o ano preparando as actuacións que pretende incluir no POS 2021, no que respecta á área de Obras e Servizos que dirixe Mar Piñeiro.

ESCOITA O PODCAST:

O departamento de obras e servizos do conclelo de Fene prepara os proxectos que quere incluir no POS (Plan de obras e servizos) da Deputación provincial de 2021. Mar Piñeiro ultima ese plan mentres que paralelamente ordena o sistema de traballo e os equipos para facer fronte a actuacións pequeñas co fin de “arranxar os problemas diarios da xente”. Anunciou Piñeiro o remate das obras de reurbanización no barrio de San Valentín ( na imaxe) onde se comprometeu a continuar coa accesibilidade en próximas actuacións nas que se inclúie o reordenamento das zonas verdes, a reposición do mobiliario urbano ou o pintado dos aparcamentos. A bo ritmo continúan tamén as obras de ampliación do cemiterio municipal que, se o tempo o permite, rematarán a finais de xaneiro ou principios de febreiro. Manifestou a concelleira responsable de obras e sevizos de Fene a súa satisfacción pola posta en marcha do elevador na piscina de Centieiras, unha obra moi demandada que contribúe á accesibilidade nunha instalación pública como é a piscina municipal.

Institucional

Publica o teu comentario agora