Preséntase a “Festa dos Mundos” do Xacobeo 2010, a gran festa da diversidade

Preséntase a “Festa dos Mundos” do Xacobeo 2010, a gran festa da diversidade

06 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Este evento ten como finalidade converter, por un día, a Galiza en escaparate e epicentro da diversidade cultural do mundo. Unha festa que se encadra no que a UNESCO designou coma o “ano do achegamento entre culturas”.

Haberá un apartado de músicas do mundo, escenario no que se inclúe o formato África Express, creado e liderado polo ex líder da banda británica Blur, Damon Albarn, e que tamén contará coa galega Uxía, a chinesa Sa Dingding e os colombianos Choc Quib Town, entre outros moitos artistas.

O evento completarase cun escenario de danzas do mundo, un apartado dedicado aos máis cativos que contará con maxia, música e diversos espectáculos, un programa de conferencias e mesas redondas en relación coa sostibilidade ambiental e coa diversidade cultural, un mercado con deseño, artesanía e produtos gastronómicos ecolóxicos, pasarrúas, esculturas de área e multitude de actividades paralelas

O conselleiro de Cultura e Turismo destacou deste festival os valores da multiculturalidade, a tolerancia e o respecto polo medioambiente.

Sociedade