Preséntase a publicación do Congreso sobre Pérez Parallé

Preséntase a publicación do Congreso sobre Pérez Parallé

20 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En duas semanas preséntase en Fene unha publicación que recolle as actas e ponencias presentadas no Congreso sobre Xosemaría Pérez Parallé  que se celebróu hai catro anos, en novembro do 2007. O acto celebrarase no memso lugar que o congreso, na Liga de Amigos de Barallobre, o sabado 25 de novembro. Por iniciativa do concello de Fene descubrirase unha placa adicada a Parallé no monumento ao camiñante ese mesmo día.

A publicación recolle todas as aportacións realizadas naquel Congreso que abrira Isaac Díaz Pardo e pechara Xosé Luís Méndez Ferrín. Ponencias que presentaron persoeiros como, o profesor da Universidade de León, Javier Glez Iglesias; o enxeñeiro naval, primitivo González; a investigadora, Patricia Arias Chachero ou o membro da Real Academis Galega, Xesús Alonso Montero, quen ese día, o 25 de novembro, será o encargado de presentar a nova publicación. Para a Comisión promotora daquel Congreso e desta publicación, é fundamental deixar por escrito os méritos da vida e obra do escritor do Penedo.

Ese sabado 25 de novembro ás 17,30h, por iniciativa do goberno municipal,  este descubrirá unha placa no Monumento ao Camiñante co poema “ Irmán Camiñante” de Pérez Parallé. Ás 19 horas comezará nos locais da Liga de Amigos a presentación do libro a cargo do profesor Xesús Alonso Montero.  

“Todo o que se faga é pouco para conquerir unha vella aspiración da Comisión organizadora; que ujn ano destes se adique o Día das Letras Galegas ao noso poeta. Andrés Cabana. A publicación das actas do congreso enviáronse aos académicos galegos e tamén ás Universidades de todo o territorio español. E un dato o ano que ven, no 2012, celébrase o 25 cabodano do segrel.

Sociedade