A prescrición farmacéutica de urxencia estrea cobertura legal

A prescrición farmacéutica de urxencia estrea cobertura legal

01 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Enfermeiros e podólogos xa están oficialmente capacitados para prescibir fármacos. O Congreso modificou o artigo 77 da Lei de Garantías para o Uso Racional dos Medicamentos que só concedía esa capacidade a médicos e odontólogos. Co novo ano legalízase unha práctica que ata 2006 era común pero houbo que abandonar pola devandita lei. O presidente do Consello Galego de Enfermería, Sergio Quintairos, explicou en Radiofusiòn que era algo “lóxico”.

No caso dunha emerxencia, por exemplo unha mala reacción a un tratamento, un enfermeiro que atende a un doente a domicilio non pode permitirse ir ata a farmacia ou pedirlle ao doutor do paciente unha receita. Debe poder administrar unha solución no momento.


Fronte as críticas de colexios médicos que opinan que o aumento de prescritores fai aumentar tamén o risco de interacción entre medicamentos, Quintairos lembra que os estudantes de enfermería reciben a mesma formación farmacolóxica que os doutores, e máis que os dentistas.

Sociedade