Primeira derrota do equipo do Ramo: Somozas B 3 - Barallobre 1

Primeira derrota do equipo do Ramo: Somozas B 3 - Barallobre 1

24 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Chegou a primeira derrota para a S.D.Barallobre na Liga da Segunda Autonómica de fútbol. O xogador do Ramo Alberto García Vilar trasládanos as súas impresións, tras o partido xogado na tarde do sábado.

Só disputamos a segunda metade.Esa é a sensación coa que marchamos do concello de As Somozas despois de perder por 3 goles a 1. Malia todo cómpre dicir que posibélmente foi o partido da tempada no que menos merecimos perder.

Sabiamos que eran un equipo forte e que xogaba ao 200% cada balón disputado, e con todo, quizáis saimos con pouca intensidade. Eles logo se fixeron có dominio do xogo e coa posesión, e sin crear ocasións claras de gol, chegaban de xeito moi sinxelo as inmediacións do noso marco. Eran superiores en tódalas líneas do campo e en tódalas facetas do xogo.Pola nosa banda faciamos o que podiamos por defendernos, sempre mal colocados, chegando tarde ás disputas e moi precipitados e nerviosos en ataque.Nin unha ocasión na primeira metade para nós.Poucas para eles, e a que foi o 1-0 chegaria por un erro defensivo noso.

Fixemos bó o tempo de lecer e saimos con outra mentalidade. Semella que necesitamos que nos marquen para reaxir e entrar nos partidos.Dende o minuto 1 do segundo tempo avasallamos ao Somozas.Comezaron a chegar ocasións de todo tipo que non soubemos materializar, ben por erro propio, ben por mérito do gardamallas.É necesario dicir que có 1-0, o colexiado non sinala un penalti moi claro, que todo o mundo no campo (agás él) viu, e outro que xenerou máis dúbidas por unha man,máis que eu,dende un par de metros de distancia,aseguro que foi.Non quixo sinalar a pena máxima de novo.O asedio non daba o seus froitos e nunha contra illada , tras saque de córner, noutro erro, esta vez de marcaxe, chegaba o 2-0.Semellaba sentenciado, sen embargo moi pronto marcariamos o 2-1.Quedaba tempo para empatar e de novo tivemos múltiples ocasións, sen éxito. Ao final, noutro saque de esquina sentenciaban.3-1.Un gran remate.

Inxusta victoria vendo as ocasións de un e outro e merecida derrota vendo o primeiro tempo que fixemos.

Deportes