Primeira vítoria do Somozas nesta temporada ligueira

Primeira vítoria do Somozas nesta temporada ligueira

27 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O equipo de Germán Amil sumou onte tres puntos da súa visita a Santiago de Compostela. En San Lázaro o Somozas venceu por 0 a 2 ao Cidade de Santiago que rematou o partido con oito futbolistas sobre o terreo de xogo. O primeiro tanto foi obra de David Amado no minuto 60 de partido. O segundo gol logrouno Luis Coedo no minuto 85. Esta foi a primeira vítoria do conxunto de Pardiñas no que levamos de liga.

Disputouse o único encontro adiantado a esta xornada na Segunda Autonómica.O UD Somozas B de Óscar Branco e o Narón Balompé B de Juan Carlos Gundín, fronte a fronte. En liñas xerais,a primeira metade só tivo unha cor. Xogouse case ao 100% no campo do UD Somozas B, que se defendeu como puido cunha gran dureza. Nesta metade, o Narón B deixou escapar a vitoria, ao ter varios xogadores como Koki, Icaro, Álex,... ocasións moi claras de marcar gol (postes incluídos). Na segunda metade, o conxunto local espertou do seu letargo e empezouse a gustar. As cousas igualáronse e, tras un lanzamento de falta feita por Fran Salazar ao tocar un balón coa man, Santi facía o único gol do partido no 68´. A partir de aí, o Narón Balompé tentouno por activa e por pasiva, pero non fué capaz. Finalmente, a sensación de que o Narón B deixou escapar tres puntos moi importantes.Esta era a impresión que predominaba na expedición azul que dirixe Gundín.

Deportes