Primeiras vacinas

Primeiras vacinas
29 de Decembro, 2020 - 12:52 h. | Publicada por Radio Fene

Victoriano Carracedo Rodriguez, de 79 anos. Foi a primeira persoa vacinada contra o coronavirus na comarca de Ferrol. As once da mañá comezou a campaña na residencia pública de Caranza. Se todo vai conforme ao previsto, mañá mércores comezarán a utilizarse en Galicia as 18.000 doses procedentes do almacén da compañía farmaceútica Pfizer.

A vacina chega a Ferrol

Pero o virus continúa lembrandonos a súa presencia e letalidade. Tamén as consecuencias económicas. O colectivo Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra convoca para mañá, a partir das sete da tarde, unha nova concentración na Praza de Armas de Ferrol. Reivindican solucións e o cumprimento dos acordos plenarios.

Sociedade

Publica o teu comentario agora