Primeiro día de escola coa Conselleira de Traballo e benestar de mestra

Primeiro día de escola coa Conselleira de Traballo e benestar de mestra

25 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A gardería de Cospeito contou cunha visita especial no seu día de inauguración. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, foi a encargada de oficializar a apertura desta instalación situada na Feira do Monte. Segundo  explicou a titular deste departamento autonómico, esta escola infantil “permitirá ás familias da zona  a conciliación da vida familiar e laboral”. Esta nova infraestrutura,

Durante o acto, Mato lembrou o compromiso do Goberno autonómico coas políticas sociais, e especialmente, coa atención á infancia. Deste xeito, recordou que a Xunta puxo en marcha 753 novas prazas de 0 a 3 anos este curso.

 

 

En concreto, dixo que a Xunta xestiona actualmente mais de 6.000 prazas divididas en mais de  110 centros infantís, aos que hai que sumarlle os centros municipais subvencionados, con 5.146 prazas mais; os de iniciativa social, 3.200; e os que participan no cheque infantil, que teñen 1.446 prazas. En total, son ao redor de 15.000 prazas as que se sosteñen con fondos públicos.

 

Por iso, a conselleira aseverou que o departamento que dirixe “seguirá traballando” nesta liña de creación de prazas, para mellorar a atención á infancia e ás familias. Ademais, defendeu a colaboración entre administracións para satisfacer a demandas dos galegos e galegas. Pola súa banda, Armando Castosa, manifestou a súa “honra e satisfacción por ter un centro destas características no concello, que é unha boa inversión de futuro”.

 

Na actualidade, hai tan só dez pequenos que fan uso da gardería, o que representa unha cifra menor á esperada, xa que foron 23 os que presentaron a preinscrición para acudir á escola.

Sociedade